Os encontros de xempre

16 | 05 | 2023

19:00 - 20:30

ONLINE

Un dos verdadeiros retos deste século é o de lograr o equilibrio entre a vida persoal e a vida laboral, algo que segue a ser un reto pendente de alcanzar.

É frecuente identificar este desexo coa falta de compromiso coa organización, chegando incluso a xerar un conflito de roles, entre as esixencias laborais e familiares. É máis, somos coñecedores/as de que a conciliación da vida laboral e familiar proporciona autonomía para xestionar os roles de cada persoa e alcanzar un desenvolvemento pleno, no que a sensación de liberdade e autosuficiencia son o motor do compromiso. A diferenza entre logralo ou non pode conducir ao logro de beneficios xerais ou, pola contra, a unha longa lista de problemas persoais, sociais e organizacionais.

A falla de equilibrio nestes roles, familiar e laboral, é unha realidade para máis da metade da poboación, convertindo a conciliación nun problema social de primeiro nivel que é necesario atender e resolver. Precísase dun forte compromiso por parte de cada un dos axentes sociais, para lograr minimizar o impacto e aumentar o beneficio persoal, social e laboral, ligado indiscutiblemente co benestar organizacional.

A conciliación combate o esgotamento e reforza a produtividade, crea unha cultura positiva e mellora a percepción da marca, aspectos directamente relacionados co aumento no compromiso. O noso obxectivo é o de xerar un vínculo de confianza co empregado/a que realiza tarefas de forma autónoma, fomentando a súa seguridade e autoestima. Unha balanza na que o lado A (persoa empregada) e o lado B (empresa) dependen un do outro, e perden ou gañan na mesma proporción”.

Destes aspectos e tendencias que se afianzan cada vez máis no tecido empresarial galego falarannos tres grandes referentes do sector: Abanca, Pescanova e Hijos de Rivera.

O Grupo Nueva Pescanova é unha multinacional líder no sector da comercialización de produtos do mar. Con preto de 12.000 traballadores en catro continentes, aposta firmemente polo traballo en equipo e por unha xestión do talento flexible, onde se potencian as carreiras internacionais e o desenvolvemento como persoas. Conscientes de que as persoas son o principal activo da compañía, o Grupo Nueva Pescanova é un claro exemplo de éxito na implantación de medidas de RSC e de benestar organizacional.

Abanca é unha das principais institución financeiras do mercado español por volume de activos con orixe e impacto en Galicia que aposta por unha nova forma de facer banca, baseada en valores principais como a responsabilidade, confiabilidad, calidade e innovación. Cunha rede de ao redor de 700 oficinas distribuídas por España e outros 10 países e máis de 6.000 persoas traballando no proxecto, son un claro exemplo de estratexia ben executada en materia de desenvolvemento do capital humano e boas prácticas en materia de benestar organizacional.

José María Rivera Corral funda en 1906 Estrella de Galicia, dedicada á fabricación de cervexas e xeo, nome que rememora ou que foi o seu negocio en Veracruz “La Estrella de Oro”. Hijos de Rivera, S.A. é unha empresa galega do sector da alimentación, que produce cervexa e auga de mesa. Supera os 400 millóns de litros de cervexa, suma máis de 1.500 persoas en persoal e alcanza os 610 millóns de euros de facturación, sempre apostando pola calidade, a orixe e a autenticidade, á vangarda das últimas tendencias de consumo. A través dunha cultura aberta e participativa, sustentada no respecto e a cooperación, fomenta a adaptación e o desenvolvemento profesional e persoal do seu cadro de mando, sendo o talento, o traballo en equipo e o compromiso as claves do seu éxito.

Un dos verdadeiros retos deste século é o de lograr o equilibrio entre a vida persoal e a vida laboral, algo que segue a ser un reto pendente de alcanzar.

É frecuente identificar este desexo coa falta de compromiso coa organización, chegando incluso a xerar un conflito de roles, entre as esixencias laborais e familiares. É máis, somos coñecedores/as de que a conciliación da vida laboral e familiar proporciona autonomía para xestionar os roles de cada persoa e alcanzar un desenvolvemento pleno, no que a sensación de liberdade e autosuficiencia son o motor do compromiso. A diferenza entre logralo ou non pode conducir ao logro de beneficios xerais ou, pola contra, a unha longa lista de problemas persoais, sociais e organizacionais.

A falla de equilibrio nestes roles, familiar e laboral, é unha realidade para máis da metade da poboación, convertindo a conciliación nun problema social de primeiro nivel que é necesario atender e resolver. Precísase dun forte compromiso por parte de cada un dos axentes sociais, para lograr minimizar o impacto e aumentar o beneficio persoal, social e laboral, ligado indiscutiblemente co benestar organizacional.

A conciliación combate o esgotamento e reforza a produtividade, crea unha cultura positiva e mellora a percepción da marca, aspectos directamente relacionados co aumento no compromiso. O noso obxectivo é o de xerar un vínculo de confianza co empregado/a que realiza tarefas de forma autónoma, fomentando a súa seguridade e autoestima. Unha balanza na que o lado A (persoa empregada) e o lado B (empresa) dependen un do outro, e perden ou gañan na mesma proporción”.

Destes aspectos e tendencias que se afianzan cada vez máis no tecido empresarial galego falarannos tres grandes referentes do sector: Abanca, Pescanova e Hijos de Rivera.

O Grupo Nueva Pescanova é unha multinacional líder no sector da comercialización de produtos do mar. Con máis de 50 anos no mercado e preto de 12.000 traballadores en catro continentes, aposta firmemente polo traballo en equipo e por unha xestión do talento flexible, onde se potencian as carreiras internacionais e o desenvolvemento como persoas. Conscientes de que as persoas son o principal activo da compañía, o Grupo Nueva Pescanova é un claro exemplo de éxito na implantación de medidas de RSC e de benestar organizacional.