Os encontros de xempre

28 | 06 | 2023

18:30 - 20:00

ONLINE

É o momento de reflexionar sobre a situación actual en canto déficit de talento no tecido organizacional galego. Analizando as posibles causas, así como o seu impacto nas organizacións. Desde a experiencia de Nortempo, Jealsa e GKN Automotive, debatiremos cuestións como: abordar as solucións ou posibles situacións que freen esta situación, como fomentar a retención do talento dentro das empresas, proxección de futuro…”

Nortempo leva desde 1991 traballando para que as empresas, os seus clientes, cheguen onde elas queiran chegar e para facerlles conseguir o seu traballo. Conectan a empresas e profesionais para construír relacións baseadas na confianza e na creación de valor compartido.

Nortempo é unha compañía multinacional, con capital 100 % nacional, cuxo propósito é unir persoas e organizacións para desenvolver o talento e a produtividade con solucións de recursos humanos.

Jealsa é unha empresa familiar galega fundada en 1958 por D. Jesús Alonso Fernández. Dedicada orixinariamente á fabricación e comercialización de conservas de peixe e mariscos, nestes 65 anos de historia foron moitos os logros alcanzados pola compañía.

Grazas á innovación e á aposta pola diversificación, Jealsa é un dos principais produtores a nivel mundial.

Jealsa é unha compañía activamente responsable coa contorna, os recursos mariños e as persoas, que contribúe de forma visible e significativa na transformación cara a un mundo máis sostible. 

As persoas son un dos seus principais valores, apostando pola xeración de emprego de calidade con condicións de traballo respectuosas, así como un ambiente flexible, igualitario e de integración.

GKN Automotive é unha empresa de tecnoloxía automotriz global líder no mundo que foi pioneira nos sistemas de accionamento eléctrico e agora está a impulsar o futuro do transporte.

GKN leva 250 anos inventando o futuro, cun capital humano de máis de 25.000 empregados nas súas 47 localizacións, conta con 6 centros tecnolóxicos e ten presenza en 19 países,  o seu presente é ser socio de confianza do 90 % das empresas automotrices do mundo.

Arquitectos dun futuro electrificado, da innovación, a experiencia e pegada global coa capacidade de impulsar un mundo máis limpo e sostible.