O programa Retorna Cualifica Emprego ten como finalidade contribuír a incrementar a poboación activa de Galicia a través da atracción das persoas galegas residentes no estranxeiro, tanto as emigrantes como as súas descendentes, facilitándolles mecanismos e medios para a súa cualificación e a súa inserción laboral.
O programa Retorna Cualifica Emprego ten como obxectivo específico que aquelas persoas que contan cun plan de cualificación e empregabilidade, subscriban un contrato de traballo cunha duración mínima de 12 meses, ou 15 meses no caso de ser un contrato de traballo fixo-descontinuo dos cales o período de actividade será como mínimo de 9 meses.
Requisitos para poder participar
Poden participar no programa as persoas emigrantes de nacionalidade española e orixe galega residentes no estranxeiro, que estean interesadas en integrarse laboralmente en Galicia que:
- Estean en posesión da nacionalidade española e sexan menores de 55 anos.
Acrediten residir fóra de España un mínimo dun ano inmediatamente anterior á data de inicio de participación no Programa Retorna Cualifica Emprego.
- Estean vinculadas a Galicia, alomenos, cunha das seguintes situacións:
- Ser emigrante nacido en Galicia.
- Ser emigrante non nacido en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (6) anos con nacionalidade española antes de emigrar.
- Ser descendente por consanguinidade de persoa emigrante nacida en Galicia, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro.
- No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estaren vinculadas a un concello galego.
Poderán tamén participar no Programa o cónxuxe / parella que estea tamén en disposición de aceptar un contrato de traballo en Galicia, que cumpran os requisitos que a normativa de aplicación esixa.
Formación / Cualificación
- Formación en competencias clave nivel 2 e nivel 3.
As persoas que o desexen contarán cunha vía para poder realizar en Galicia accións formativas conducentes a certificados de profesionalidade, non tendo que agardar despois a ter homologados os seus estudos.Poden realizar esta formación no seu país de orixe a través dos recursos formativos do campus virtual da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
E contan tamén coa posibilidade de realizar as probas de superación que lles permitan obter a certificación de ter superadas as competencias clave de nivel 2 ou de nivel 3.
- Accións formativas relacionadas co sector produtivo e posto de traballo ofertado pola empresa.
Esta formación terá como obxectivo reforzar a capacitación profesional da persoa permitíndolle adquirir, actualizar, reciclar e completar o perfil de competencias profesionais axeitadas a ese posto de traballo que se lle oferte. - Competencias dixitais.
Inclúese tamén formación nas destrezas necesarias para empregar as TICs como ferramenta no ámbito laboral (creación de correo electrónico, uso de navegadores de internet…). - Habilidades brandas. E se inclúen contidos para a potenciación das habilidades brandas tales como traballo colaborativo e en equipo, comunicación, negociación, xestión do estrés, creatividade, capacidade de adaptación, flexibilidade, actitudes…
Contratación
Formalización dun contrato de traballo que será como mínimo de 12 meses, agás na modalidade fixo-descontinuo que deberá ser como mínimo de 15 meses e dos cales, como mínimo, 9 meses serán de actividade.
Axuda económica
- Apoio para viaxar e para comezar.
- A participación no programa é gratuita, e no caso de aceptar o posto, os gastos de traslado están cubertos ademáis dunha axuda económica de 1.300€ para cubrir os primeiros gastos de instalación en Galicia
Compromiso
A aceptación do posto de traballo implica unha permanencia mínima en Galicia de 12 meses.