Reinventando a xestión nas organizacións: a cultura TEAL

Compartir

O libro «Reinventar as Organizacións» publicado por Frederic Laloux no 2015 en español segue sendo a día de hoxe todo un bestseller no mundo do management.

E por que este libro ten semellante éxito e hoxe, 8 anos despois, segue estando entre os máis vendidos do seu sector?

Explicámoscho a continuación.

TeaL en inglés é unha cor, é como un verde azulado. Frederic Laloux inspírase nesta cor seguindo o desenvolvemento denominado «Dinámicas Evolutivas en Espiral» que presenta unha lóxica investigada por Clare Graves e Ken Wilber anteriormente.

Esta lóxica mostra como a cultura nas organizacións evoluciona en coherencia (e precisión temporal) coa evolución da conciencia social e particular que os humanos imos acadando en cada momento, e ilustran e describen as características desta evolución con cores que van desde o vermello (etapa prehistórica ou moi primaria) pasando polo ámbar (idade media en diante) o laranxa (revolución industrial) o verde (anos 60) e o TeaL (2008 e actualmente.

A enorme achega de Frederic Laloux é que na súa investigación descobre 12 empresas no mundo que iniciaran esa evolución cara á cultura TeaL. Fixérano de forma totalmente intuitiva. Non se coñecían entre si e, aínda así, seguiran procesos significativamente semellantes.

Que é o que demostra isto?

Que se trata dunha evolución da conciencia natural e orgánica. Que ningún humano é dono nin promotor desta evolución. Que non hai gurús nin pode habelos sobre esta incipiente cultura organizacional que chamamos TeaL.

Que se trata de algo que nos está sucedendo xa aos humanos. E que se vai a plasmar en todas as organizacións por unha evolución lóxica da nosa forma de comunicarnos, organizarnos e relacionarnos. Que o único que vai ser diferente entre nós é o momento no que cada un se mostre dispoñible para esta evolución.  E que é importante ter en conta que esta diferenza non é insignificante, porque a maior resistencia cara á evolución maior vai ser o sufrimento que vai ter que soportar.

É esta a razón pola que actualmente contamos con que un 15 % das baixas médicas laborais son por causas relacionadas coa saúde mental, só por detrás das musculo-esqueléticas.

Pero, máis aló deste previo filosófico-conceptual, que é aplicar unha conciencia TeaL?

Como se materializa iso nunha organización?

As TeaL basean a súa organización en 3 principios fundamentais:

O PROPÓSITO EVOLUTIVO

Comeza a ser habitual escoitar sobre a importancia do propósito en empresas que

queiran asegurarse sustentabilidade futura. Pero hai moita confusión sobre que é

realmente e para que serve.

O propósito evolutivo é a máis potente tecnoloxía social que existe actualmente en management empresarial.

O LIDERADO CONSCIENTE

Moitos líderes están a soster un rol co que non senten cómodos.

É como que vén imposto. É o que se ensinou nas escolas de negocios e o que exercen a maioría de colegas noutras empresas. En xeral, estase liderando desde un mindset predeterminado e anticuado.

E a AUTOXESTIÓN como modelo de management

Resultará imposible ser sostible nun futuro se non se incrementa de xeito exponencial en toda a empresa o nivel de autoxestión.

Para conseguilo é necesario innovar as metodoloxías na xestión de procesos. E require un importante cambio de mindset por parte dos empregados.

A continuación, facilitámosche unha serie de vínculos onde podes atopar moitísima máis información práctica sobre como dar os primeiros pasos cara á evolución TeaL na túa organización:

Picture of Begoña Castillo
Begoña Castillo

Evolución empresarial. Consultora organizacións TeaL.