Reskilling dixital: como e por que actualizar o noso equipo para adaptarse ás esixencias do mercado actual
Compartir
En que consiste o reskilling dixital?
En actualizar as capacidades dos recursos humanos para que desenvolvan as súas tarefas eficientemente na contorna dixital. O dinamismo da contorna é máximo neste ámbito; así que o reskilling dixital require atención continua.
Por que?
Comporta beneficios tanto a profesionais -poñeraos nunha posición vantaxosa fronte a persoas con outros perfís que compitan polo mesmo posto- como a empresas -que obterán un impacto positivo nas súas contas.
A demanda crece no ámbito dixital e a competencia xa está aí. Para ter éxito é necesaria a transformación dixital do equipo. A COVID-19 acelerou este proceso: é necesario ter equipos flexibles, que se adapten rapidamente aos cambios e que queiran aprender. (Deloitte, 2021)
Mellora a produtividade da empresa.
Permite que o talento das persoas evolucione na dirección que necesita a empresa.
Mellora a xeración de negocio para a empresa. A tecnoloxía dixital ábrenos a porta a novos modelos de negocio baseados na abundancia.
As empresas que non contemplen plans de formación para o seu cadro de persoal non van ser o suficientemente competitivas.
Como?
1. O cambio organizativo que require a contorna dixital ten que partir da alta dirección.
2. Co apoio da alta dirección será preciso:
2.1 Analizar as necesidades de transformación dixital.
2.2 Identificar as competencias necesarias.
2.3 Obter unha listaxe detallada de novos coñecementos, habilidades ou competencias dixitais clave (soft e hard skills) en cada un dos postos da empresa. A COVID-19 acelerou competencias dixitais como a comunicación e a interacción a través de ferramentas dixitais. As competencias dixitais claves teñen impacto nos catro eixos da transformación dixital: produtos e servizos; cambio cultural; relación coa clientela e modelos de negocio. A Comisión Europea (2020) identifica un total de 21 competencias dixitais.
3. O seguinte paso será a avaliación da necesidade de novos postos de traballo. (Human Smart Working). Para iso:
- Haberá que analizar ás persoas e os seus coñecementos actuais, utilizando probas obxectivas e valoracións múltiples (de cada supervisor). Para iso, empresas e institucións desenvolveron ferramentas de medición de Competencias Dixitais baseadas na estrutura do marco europeo, DIGCOMP (Comisión Europea 2020).
- Será necesario deseñar e implantar plans de formación e acompañamento de empregados/as. Preferentemente cursos prácticos, curtos e con certificado, empezando por contidos xenéricos e avanzando cara ao específico, desde a soft á hard skill.
Ser dixitalmente competente non é utilizar moitas ferramentas tecnolóxicas, senón facer un uso eficiente delas.
Recursos Web:
Deloitte (2021). https://www2.deloitte.com/us/en/insights/focus/human-capital-trends.html
Comisión Europea (2020). https://administracionelectronica.gob.es/pae_Home/pae_OBSAE/Posicionamiento-Internacional/Comision_Europea_OBSAE/Indice-de-Economia-y-Sociedad-Digital-DESI-.html#.YYEMo2DMJPY
Human Smart Working. Informe Innovando sobre o traballo do Futuro https://mashumano.org/images/Informe%20Human%20Smart%20Working_Fundaci%C3%B3n%20m%C3%A1shumano_Sagardoy_Zityhub.pdf. Recuperado o 08/10/2021.
Marisa del Río
Coordinadora do Máster Dixital da USC
José Ramón Porto
Coordinadora do Máster Dixital da USC