Smartworking: o novo modelo de traballo de Roche Farma España
Compartir
Nos últimos anos, Roche levou a cabo de forma decidida unha transformación co obxectivo de afrontar os diferentes retos aos que se enfronta o sector sanitario e farmacéutico, como son a dixitalización, a abordaxe cada vez máis personalizada das enfermidades ou a necesidade de desenvolver novas vías para garantir un acceso temperán e equitativo ás innovacións biomédicas, garantindo a sustentabilidade do sistema a través da medición dos resultados en saúde. E esta transformación tamén implicou novas formas de traballar, baseadas na responsabilidade, compromiso e confianza cara ás persoas que formamos Roche. Destas novas formas de traballar e das aprendizaxes da pandemia xorde o noso novo modelo de traballo híbrido: Smartworking.
Antes da pandemia xa contabamos cun día de teletraballo á semana, mais é verdade que a pandemia o acelerou todo. Tras os primeiros meses, comezamos a reformular como sería o novo modelo de traballo, coa idea de unir o mellor do traballo presencial e do traballo virtual.
Para iso, implantamos un proceso de escoita activa aos propios empregados, coa idea de construír as primeiras fases do modelo entre todos. Así mesmo, un equipo formado por persoas de todas as áreas da Compañía púxose a traballar en deseñar o noso novo modelo de traballo híbrido, centrándose en 7 elementos clave que precisabamos redefinir para asegurar que o modelo funcionase: horario de traballo, tipos de reunións, socialización, o rol do líder nunha contorna híbrida, ferramentas informáticas, beneficios e benestar.
Froito de todo iso, naceu Smartworking, un modelo baseado na flexibilidade, na confianza e na responsabilidade individual e colectiva e que foi axustándose ás circunstancias cambiantes da contorna e ás diferentes aprendizaxes que fomos obtendo. Actualmente, as persoas traballadoras de Roche Farma teñen que dedicar polo menos un 40 % do seu tempo ao traballo na oficina, podendo cada unha delas elixir que días acudir ao edificio.
Doutra banda, un modelo deste tipo implica necesariamente cambios nas instalacións da compañía, que no noso caso se traducirom na eliminación dos despachos e da existencia de postos asignados, e na xeración de novos espazos colaborativos para manter reunións (presenciais, híbridas ou virtuais) e espazos de conexión.
En definitiva, pensamos que hoxe non podemos entender unha forma de traballo exclusivamente na oficina ou na casa, senón baseada nun modelo híbrido, o que nos permite combinar o mellor da presencialidade, como as interaccións entre compañeiros para poñer en marcha novos proxectos e desenvolver novas ideas ou fomentar o orgullo de pertenza, e o mellor do teletraballo, como a autonomía á hora de organizar o traballo e aforro de custos e tempos de desprazamento, e unha mellor conciliación da vida profesional coa vida persoal e familiar.
Sobre Roche
Roche é unha empresa internacional, pioneira na investigación e o desenvolvemento de medicamentos e produtos para o diagnóstico, cuxo fin é facer avanzar a ciencia para mellorar a vida das persoas. A integración das áreas farmacéutica e diagnóstica baixo un mesmo teito, así como a súa capacidade crecente no ámbito da análise de datos, axudan a Roche a ofrecer unha auténtica atención personalizada. A compañía opera en máis de 100 países, onde dá emprego a máis de 100.000 persoas, e é líder en I+D, onde inviste uns 14.000 millóns de francos suízos ao ano.

Mariano Torres
People & Culture Head Roche Farma