Compartir
Falar do momento vital actual do tecido empresarial galego obriga a falar da existencia e irrupción da Intelixencia Artificial no mundo dos negocios e na nosa vida en xeral. Obviar a súa existencia sería unha pretensión pouco realista, así como unha negación da innovación que define a actualidade dos nosos tempos.
A Intelixencia Artificial é unha tecnoloxía que aínda nos resulta afastada e misteriosa, mais que desde hai uns anos está presente no noso día a día a todas horas. Representa a combinación de algoritmos desenvolvidos co propósito de crear máquinas que ofrezan as mesmas capacidades do ser humano.
O debate en canto a este tema está asegurado. A súa implicación no futuro laboral das persoas é unha preocupación que se está a estender nas rúas, como se dun virus se tratase.
Jordi Serrano ofrecenos unha visión global, desde un coñecemento experto, necesario para orientar a unha sociedade que convive, de seu, cunha incerteza laboral constante, que está a xerar enfermidade.