CULTURE PEOPLE FIRST:
Compartir

A nova xestión do talento implica xerar estratexias que realmente sexan eficaces. E estas pasan por ser estratexias People First. Poñer ao empregado no centro, implica aproveitar a tecnoloxía para integrar ás persoas, ser innovadores nas metodoloxías, contornas e escoitar de verdade as súas necesidades.

As persoas son o ben máis prezado da organización. Non se trata de esquecer as estratexias de negocio e buscar satisfacer ao empregado, custe o que custe, senón de apostar por unha conexión entre as persoas, fluidez na comunicación e incentivar accións que pretenden unir cultura organizativa e persoas.

Non é fácil nin a xestión de persoas nin o cambio que estamos a vivir, pero son cambios que están a afectar a toda a sociedade e é indispensable que as organizacións se comprometan da mesma forma. O reto actual é deixar de ver ás persoas como man de obra e recursos xestionables para a consecución dun obxectivo. Para ser unha empresa de éxito xa non vale con iso, hai que dar un paso máis e entender o valor que son e achegan as persoas que forman parte da compañía.

A través desta Masterclass, da man de Jaume Gurt, experto en trasformación cultural das organizacións, presentaranse as claves para impulsar o cambio.

Cando unha organización busca non ter empregados/as senón embaixadores/as de marca está a levar a cabo a estratexia vangardista. Poñer a persoa no centro para fortalecer as relacións, tendo en conta as súas necesidades e intereses, empatizando e axudando no seu desenvolvemento, xera implicación e compromiso nesas persoas que serán as encargadas de por en marcha a estratexia de negocio. Grazas a Jaume Gurt, aprenderemos cales son os pasos a seguir para acadar este obxectivo.