Compartir
Un dos verdadeiros retos deste século é o de lograr o equilibrio entre a vida persoal e a vida laboral, algo que segue a ser un reto pendente de alcanzar.
É frecuente identificar este desexo coa falta de compromiso coa organización, chegando incluso a xerar un conflito de roles, entre as esixencias laborais e familiares. É máis, somos coñecedores/as de que a conciliación da vida laboral e familiar proporciona autonomía para xestionar os roles de cada persoa e alcanzar un desenvolvemento pleno, no que a sensación de liberdade e autosuficiencia son o motor do compromiso. A diferenza entre logralo ou non pode conducir ao logro de beneficios xerais ou, pola contra, a unha longa lista de problemas persoais, sociais e organizacionais.
A falla de equilibrio nestes roles, familiar e laboral, é unha realidade para máis da metade da poboación, convertindo a conciliación nun problema social de primeiro nivel que é necesario atender e resolver. Precísase dun forte compromiso por parte de cada un dos axentes sociais, para lograr minimizar o impacto e aumentar o beneficio persoal, social e laboral, ligado indiscutiblemente co benestar organizacional.
A conciliación combate o esgotamento e reforza a produtividade, crea unha cultura positiva e mellora a percepción da marca, aspectos directamente relacionados co aumento no compromiso. O noso obxectivo é o de xerar un vínculo de confianza co empregado/a que realiza tarefas de forma autónoma, fomentando a súa seguridade e autoestima. Unha balanza na que o lado A (persoa empregada) e o lado B (empresa) dependen un do outro, e perden ou gañan na mesma proporción”.
Destes aspectos e tendencias que se afianzan cada vez máis no tecido empresarial galego falarannos tres grandes referentes do sector: Abanca, Pescanova e Hijos de Rivera.