Compartir
Aínda que a día de hoxe o que se aveciña nos anos por vir sexa difícil de imaxinar, o certo é que os cambios que trouxo consigo a cuarta revolución industrial están a alterar por completo o panorama do mundo laboral para a próxima década, polo que aquelas persoas a cargo da xestión de talento deberán ser capaces de moverse nun ecosistema 100% dixital cunha forza laboral composta, agora si, por nativos dixitais.
Os departamentos de recursos humanos, poden converterse en axentes de cambio. O rol das empresas pode encadrarse como garantes dunha segunda instancia ou inclusive primeira, no referido, á formación en prácticas para roles específicos.
Este cambio de paradigma será clave no futuro do traballo, o cal anticipa unha modificación palpable respecto das habilidades e competencias coas que deberán contar persoas traballadoras, supervisores/as, managers e CEO, por igual.


