A COMUNICACIÓN INTERNA NAS EMPRESAS COMO ESTRATEXIA PARA XERAR COMPROMISO:
Compartir

Rosa María Lorenzo, María Caeiro e Fanny López-Amado compartirán mesa de debate, na nova entrega de Os Encontros de Xempre, que nesta ocasión tratará sobre a comunicación interna nas empresas, e cales son as claves para mellorala.

Nun momento de cambio constante, no que a intoxicación informativa é unha realidade, as empresas teñen o gran desafío de comunicar internamente e conectar coas persoas traballadoras, evitando a súa sobresaturación.

A solución parece ser clara: menos canles, pero con maior impacto. Segmentar o traslado de información, por canles e colectivos, é unha fórmula que axuda a afrontar o sobre-exceso de información presente.

Mellorar os procesos de comunicación interna nunca organización permite mostrar proximidade, presenza e afianzar o sentimento de pertenza no cadro de mando. Con todo, é necesario coñecer as guidelines que permiten que todas as áreas saiban como comunicarse cos equipos; sobre todo, axudándolles a coñecer a importancia do comunicado e a forma na que deben envialo.

A comunicación interna debe estar arraigada nos valores da empresa e ser unha ferramenta facilitadora do employee engagement, empoderando as persoas empregadas de abaixo cara arriba. As persoas consumidoras non poderán amar unha empresa se os/as empregados/as non a aman.