A importancia de impulsar a motivación dentro do equipo:
Compartir

A motivación reúne aqueles factores internos e externos que impulsan ás persoas para pasar á acción, fixarse metas e traballar para alcanzalas. Por tanto, a motivación laboral consiste no proceso de estimular a un individuo para que realice accións que satisfagan as necesidades imperantes, enfocadas na consecución de obxectivos.

Unha persoa traballadora feliz é máis produtiva, colabora máis e auséntase menos, mentres que unha descontenta, pode prexudicar a dinámica dos equipos, debido a que introducen sensación de inseguridade, unha comunicación deficiente e apatía.

Deseñar un plan de desenvolvemento profesional, mellorar a comunicación, recoñecer os logros, impulsar a formación e xerar unha contorna laboral de apoio, son algúns dos recursos que permiten dispoñer de equipos de traballo de alto rendemento, enfocados na satisfacción do cliente, cunha actitude proactiva e innovadora que impulsa o crecemento individual e á vez da organización.

QUEN É:

Alfonso Alcántara é conferenciante e motivador para empresas, profesionais e equipos, con rigor e humor, con máis de 30 anos de experiencia desenvolvendo temáticas sobre produtividade, traballo en equipo, liderado, recursos humanos, comunicación, presentacións, vendas, empregabilidade ou educación. Premio Extraordinario de psicoloxía, é un entusiasta da ciencia aplicada ao mundo profesional e da empresa. Directivo de xestión de persoas, creou e supervisou centros e proxectos para o desenvolvemento profesional, a reinvención e a empregabilidade. Top 10 influencer de empresa de Forbes, conferenciante TED, colaborador de medios de comunicación con máis de 230.000 seguidores nas RRSS (@YORIENTO). Última publicación: “Superprofesional“: un libro aplicado e ameno que axuda a profesionais e equipos a alcanzar os seus obxectivos e a aumentar a súa motivación e efectividade.