MENTALIDADE DE CAMBIO:
Compartir

O concepto de dignidade no emprego e o de calidade ocupacional comprenden non só aspectos referidos ao salario xusto, a protección social e condicións ambientais adecuadas para as persoas traballadoras, senón que tamén incumben as relacións vinculares e as relacións interpersoais no ámbito laboral.

 A dignidade é un concepto tan profundamente emocional e inherente a cada unha das persoas que non depende do que facemos como «o respecto», senón que se debe simplemente ao que somos. Por iso, representa unha ponte de conexión entre as persoas, que ben xestionada pode evitar moitos conflitos, xa que se pode empregar para favorecer a comprensión e, polo tanto, impulsar unha comunicación efectiva.

 Cando nunha empresa se pon enriba da mesa non «o tema de conflito» senón a dignidade danada (liña vermella de cada ser humano), comeza a xerarse un caldo de cultivo para poder chegar a un acordo. Entender que cada persoa é digna é un bo comezo para comezar a avanzar nunha conversa que pode chegar a bo porto e, sobre todo, é un concepto que permite xerar ambientes nos que as persoas flúen mellor, o que se traduce nun aumento do benestar e, polo tanto, da produtividade.

A xestión do fracaso pasa por atopar a forma de observar no erro un espazo de aprendizaxe que motive á persoa emprendedora a seguir adiante coa súa idea de negocio.

Transformar esa mirada social de xuízo ante os erros, permite que as persoas vaian soltando o medo ao fracaso e poidan observar a oportunidade de crecemento que vai da man de non lograr sempre os obxectivos planificados. Achegar esta nova forma de observación, desde a mirada da intelixencia emocional, é unha forma máis de impulsar ao tecido empresarial galego.

QUEN É:

Pilar Jericó é pioneira internacional na análise do talento e o impacto do medo nas organizacións e nas persoas. Licenciada en Económicas e Empresariais, con estudos de posgrao en estratexia, comportamento organizativo e liderado e Doutora en Organización de Empresas.

 

Traballa, desde hai máis de quince anos, no desenvolvemento do liderado e a innovación, dirixindo proxectos en máis de 250 compañías en Europa e Latinoamérica, formando persoas en liderado e coaching, colaborando con destacados medios de comunicación e impartindo máis de 500 conferencias en 13 países desde 2001.

 

Ademais de empresaria e conferenciante, é escritora, con máis de 350.000 exemplares vendidos e traducidos a seis idiomas, que a levaron a ser bestseller e influencer en RRSS, recibindo tamén diversos recoñecementos por ser personaxe influente e unha das Top Mulleres Líderes en España.