A NEUROMOTIVACIÓN:
Compartir

Vivimos un presente cunha actualidade laboral cada día máis complicada, que nos reclama máis coñecemento. Esta realidade está directamente conectada coa saúde das persoas, cada vez máis minguada, que solicita facilidade e goce. A medio camiño, aparece a neurociencia, para atopar o equilibrio entre unha realidade e a outra. A neuromotivación representa o camiño cara á verdadeira Aprendizaxe sostible, é dicir, de impacto a longo prazo. A modo de símil poderiamos dicir que é a gasolina do cerebro, que desde o estímulo motivador permite que a persoa tome acción e persista ata acadar os seus obxectivos. Destaca que este proceso non se realiza desde o esforzo, senón desde unha estratexia inesgotable: coñecendo o funcionamento do noso cerebro. No ámbito das neurociencias, analízase o conxunto dos procesos cerebrais que determinan unha situación concreta. Coñecer e aprender técnicas de automotivación e motivación en equipo, e transformalo nun hábito, é o obxectivo que permite lograr o equilibrio entre a efectividade e a saúde das persoas.