A TENDENCIA CLAVE EN RRHH:
Compartir

Nesta Masterclass, abordaremos o auxe da diversidade e inclusión e o empoderamento dos empregados en relación ao seu desenvolvemento, a tendencia nun escenario cambiante onde a axilidade e a rapidez son dúas características que marcan a capacidade de competir das organizacións, tanto no seu negocio, como na atracción e fidelización do talento.

A figura do/a líder de equipos cobra un auxe exponencial. Necesítase que estes profesionais marquen a diferenza e sexan motor de cambio ao mesmo tempo que coidan ao seu equipo e o apoian para que dea o mellor de si. 

Atendencia é clara e firme: o liderado rompe coa autoridade, secretismo e verticalidade e unha figura clave, que vela polo benestar das persoas empregadas, xurde nos equipos: o/a xestor/a de benestar.

Unha persoa líder, retadora, identificada co propósito da compañía pero que non perde de vista a parte máis humana, poñendo o foco na felicidade dos membros do seu equipo desde un punto de vista sostible.

Desta novidosa e necesaria tendencia, falaranos Eva Carmona, que cunha lonxeva experiencia daranos as claves para implementar o cambio nas nosas organizacións.