ARRISCAR EMPRENDENDO:
Compartir

O número de persoas emprendedoras, aumenta cada día de forma considerable en Galicia. Protexer os procesos e o bo resultado deses proxectos e negocios, pasa por facilitar ás persoas, estratexias de xestión persoal e autocoñecemento, que eviten o abandono de moitas das iniciativas empresariais.

A xestión do fracaso pasa por atopar a forma de observar no erro un espazo de aprendizaxe que motive á persoa emprendedora a seguir adiante coa súa idea de negocio.

Transformar esa mirada social de xuízo ante os erros, permite que as persoas vaian soltando o medo ao fracaso e poidan observar a oportunidade de crecemento que vai da man de non lograr sempre os obxectivos planificados. Achegar esta nova forma de observación, desde a mirada da intelixencia emocional, é unha forma máis de impulsar ao tecido empresarial galego.