COMO CONSEGUIR QUE UNHA GRAN PARTE DA EMPRESA ACHEGUE IDEAS
Compartir

A través deste webinar, e da man de Pau García- Milá, tratamos como a creatividade, a través de novas ideas, brinda beneficios ás persoas, aos equipos de traballo e ás empresas. Representa a ocasión para renovarse e dar un paso adiante no mercado, xerando propostas novas do agrado do público obxectivo e potencial clientela.

Con todo, para que xurda unha nova e boa idea, é necesario saber ofrecer un espazo de confianza, de respaldo e seguimento, xa que o desenvolvemento dun proceso creativo ten os seus beneficios pero tamén achega novos retos.

Hai persoas que teñen desenvoltas as habilidades creativas, pero hai tamén quen pode achegar novas ideas polo coñecemento e experiencia acumuladas. A creatividade ten moitas orixes e saber impulsala nos equipos, desde un liderado transformador, é o que diferencia aos negocios vangardistas. Ofrecer técnicas para lograr a integración de equipos, e unha das bases de apoio no crecemento do tecido empresarial galego.

Calendarizar reunións para achegar novas ideas, asumir o rol de guía e observador/a, rotar ás persoas en diferentes proxectos para provocar novas experiencias, guiar cara á visualización de cambios e oportunidades de mellora, dar confianza… Son algúns dos recursos que transforman a un grupo de persoas traballadoras, nun equipo cohesionado con capacidade de achegar e innovar.