COÑECE AS ÚLTIMAS TENDENCIAS EN
Compartir

O cambio constante, presente na nosa cotiandade, ofrece un panorama de inestabilidade que pode xerar sensación de desorde e desorientación. Esta nova realidade, precisa dunha capacidade de adaptación continua que as estruturas organizativas ríxidas, que se viñan empregando nunha grande parte do tecido empresarial, non posúen. Coñecer as novas tendencias no desenvolvemento da organización empresarial, é un dos camiños para non atoparnos coa obsolescencia e o fracaso do noso negocio.

A globalización da economía, os cambios na tecnoloxía e comunicación, a crise económica, os cambios das esixencias e características da clientela, e as necesidades e aspiracións dos equipos de traballo, entre outros factores, esixen poñer unha maior énfase nos sistemas organizativos das empresas.