Compartir
Neste webinar tratamos sobre se a clave do éxito empresarial no século XXI está directamente relacionada coa capacidade de espertar nas persoas empregadas o sentimento de pertenza e utilidade: pasar dun liderado directivo a un liderado persuasivo.
A persuasión a través do liderado é unha valiosa ferramenta, fundamentada nunha acción comunicativa deliberada para aportar unha nova visión ou reforzar un pensamento con respecto a un tema, e que está baseada na credibilidade e a confianza do argumentador/a.
O liderado persuasivo é un formato de liderado que chega para quedarse e que precisa dun reseteo profundo nas estruturas organizativa, coa finalidade de comprender que colocar a persoa no centro está estreitamente ligada coa capacidade de alcanzar os obxectivos propostos.
A capacidade de innovación dunha empresa e o seu éxito, pasa por saber ensinar ao seu equipo a xerar decisións que cren cambios, a fomentar un método e evitar perder o enfoque das accións. Require dunha enerxía que se leva dentro e que atrae aos demais, que inspira a seguir certas accións, focalizada en lograr transmitir confianza e seguridade.