TALENT INNOVATION & DIGITAL TRANSFORMATION:
Compartir

Un dos maiores problemas aos que se están enfrontando as empresas na actualidade é a fuga de talento, que ten como principais causas as condicións económicas, problemas para crecer dentro da empresa e a falta de equilibrio entre a vida laboral e persoal.

Contar co mellor talento supón unha clara vantaxe competitiva para as organizacións e calquera axuda que optimice a súa atracción e fidelización é benvida. Os especialistas en solucións apuntan á transformación dixital, como panca para frear este desafío empresarial.

Mostrar as empresas como implantar solucións dixitais permite ademais de atender ás novas tendencias no traballo (tele traballo, flexibilidade horaria, desenvolvemento), automatizar procesos de RRHH que reduce tempos e custos e aumenta a axilidade e calidade; e cun beneficio engadido: os profesionais de RRHH senten realizados, xa que dedican o seu tempo a tarefas de verdadeiro valor engadido.

A tecnoloxía encárguese de executar todas as tarefas rutinarias posibilitando  que os profesionais de RRHH se dediquen a atraer, potenciar e fidelizar o talento, mellorando, por exemplo, a estratexia de formación ou asegurando a eficiencia e mellora na produtividade desenvolvendo o modelo de avaliación do desempeño…; en definitiva, a facilitar o smart working.

Destas novas tendencias que se afianzan cada vez máis no tecido empresarial galego falarannos tres grandes referentes do sector: Plexus Tech, Tecalis e Altia.