A XESTIÓN DO TEU TEMPO:
Compartir

Moito se falou ao longo da historia da necesidade de xestionar o noso tempo. Por unha banda, para mellorar a nosa produtividade na contorna laboral e, doutra banda, para conciliar e ter tempo de calidade dispoñible para outras áreas vitais.

Pode parecer unha utopía xa que, na actualidade, a sensación de «falta de tempo» e as présas seguen sendo factores que xeran altos niveis de estrés nunha porcentaxe alta da sociedade, o cal ten unha influencia directa na saúde física, emocional e mental. Este obxectivo pode representar un mito inalcanzable, se non se dispón dos recursos precisos. A clave está en establecer prioridades, focalizar, clasificar, acoutar, organizar ou poñer límites, entendidas como algunhas das opcións para xestionar un recurso que, efectivamente, é limitado. Un proceso que, por incrible que nos pareza, parte do autocoñecemento, do desenvolvemento de habilidades directivas e de rutinas saudables, que respecten o descanso e se adapten as necesidades persoais de cada individuo.