RSE
Compartir

Neste webinar, abordaremos os novos retos e riscos que requiren da participación activa dos estados, as organizacións públicas, privadas e a sociedade en xeral.

Máis aló de evidenciar a esixencia que teñen as empresas e os países de empoderar novos liderados responsables, implicados, accesibles e innovadores, evidencia a necesidade que temos como sociedade de Liderados Sostibles.

Un Liderado Sostible é un liderado consciente do impacto da súa actividade sobre a sociedade no seu conxunto, que formula os seus obxectivos de forma responsable e coherente. O que define a unha persoa líder é o impacto que xera coas súas decisións e actuacións, sendo exemplo vital para outros.

Un Liderado Responsable é un liderado que aposta pola sostibilidade e viabilidade do seu proxecto desde un punto de vista Económico, Social e Medio Ambiental, incorporándoo indubidablemente aos seus obxectivos.

Este novo contexto obriga a organizacións públicas a adaptar o seu modelo produtivo, de servizos e de crecemento cara a unha xestión máis sostible, máis ética, que teña en conta o aproveitamento dos recursos, que diagnostique o seu impacto, que dialogue coa súa contorna e dea resposta ás necesidades dos grupos de interese ou stakeholders, medindo o retorno e os impactos da súa organización.

Aquelas entidades que incorporan a Xestión da RSC á Xestión Integral das súas organizacións obteñen resultados máis eficientes. Nesta liña, as persoas directivas que atenden a criterios sostibles e éticos tamén obteñen unha mellor valoración, mostran tendencias máis innovadoras e marcan o camiño para seguir, apostando por tres competencias clave:

  1. Liderado consciente: aliñar aos equipos ao redor duns obxectivos responsables e as estratexias ben definidas.
  2. 2. A comunicación: capacidade de trasladar o entusiasmo ao equipo, mellorando a comunicación e xerando canles de diálogo.
  3. A execución: levar á práctica esa estratexia, mellorando a eficacia e mobilizando a todas as persoas da organización.

Nas organizacións esta procura de transformación social non só debe de ser perseguida de forma orgánica, senón que tamén debe ser alimentada a través dunha sólida formación académica. Isto permite entender ás persoas que lideran o alcance das súas accións e adquirir as ferramentas formais para levar as súas iniciativas da filantropía a accións verdadeiramente estratéxicas, coherentes e que acheguen rendibilidade, asegurando a permanencia dos seus proxectos, das súas empresas.